jueves, 3 de julio de 2008

A gran nova: casámonos en Outubro


Hola a tod@s!!


O próximo día 19 de outubro (domingo) imos a celebrar a nosa voda e estaríamos enca
ntados contar coa vosa presenza.


O lugar no que se celebra a cerimonia é a capela do Pazo de Señoráns, no termo municipal de Meis, ás 13:30.


A continuación da cerimonia relixiosa poderedes disfrutar dun aperitivo mentras facemos unhas fotos nos xardíns, e logo comeremos todos xuntos nos salóns do pazo. Finalmente xa sabedes que toca... música, bailoteo, unha copiña...



En resumo, que o imos a pasar pipa e agardamos que todos podades disfrutar deste día connosco.

O que vos agradeceríamos e que en caso de que non poidades vir nolo confirmedes nalgún dos seguintes teléfonos: Óscar - 646545576 e Rocío - 686748786.

Contamos convosco!!!


Óscar e Rocío



O lugar da celebración


Como xa comentamos anteriormente tanto a ceremonia relixiosa coma o banquete celebraranse no Pazo de Señoráns.

Moitos de vos posiblemente saibades como chegar, máis para aqueles que sodes de máis lonxe e que non coñecedes a zona xuntamosvos unha serie de indicacións para que non vos perdades polo camiño.





Como chegar ó Pazo de Señorans

Dende Vilagarcía

Tomar a PO-531 dirección Pontevedra. Logo de pasar a ponte do río Umia hai un desvío indicado a man direita xusto ó pasar PRECOM.

Dende Pontevedra

Tomar a PO-531 dirección Vilagarcía. Deixar a entrada de Ribadumia, reducir e antes de pasar frente a PRECOM cruzar con precaución tomando un desvío á esquerda.



As coordenadas son as seguintes: 42.547801,-8.709798.


Visualizar o mapa ampliado


Máis información en:
http://www.pazodesenorans.com/visitas.htm

E que lle podemos regalar??


Como moitos de vos
xa saberedes vivimos nun piso en Portosín e a verdade é que xa o temos prácticamente equipado, de xeito que no que se refire ós agasallos preferimos cartos. Diste modo poderemos destinalos a sufragar algúns gastos da boda, a financiar un viaxe a unha illa paradisíaca ou incluso a dar unha entrada para unha furgoneta.












De todos os xeitos confeccionamos unha pequena lista de bodas por
se alguén prefire facer o regalo ou por se lle resulta máis cómodo. A lista de bodas está feita no Corte Inglés, pode ser consultada por internet e os agasallos poden comprarse en calquer centro do Corte Inglés ou mesmo por internet.

A dirección de internet é a seguinte:

http://www.elcorteingles.es/listasdeboda/

A clave de acceso é a seguinte:

I3842