miércoles, 10 de septiembre de 2008

Preparativos da despedida de solteiro

Como xa sabedes (amig@s por parte do noivo) o sábado día 13 de setembro temos unha cita en O Pindo para descender o último tramo do río Xallas. Na empresa que organiza o descenso comentaron que tíñamos que levar calzado vello (deportivos, botas,…) ou escarpíns con sola de goma.


No caso de que alguén dos que o confirmaron non puidera ir é importante que avise como moi tarde o venres pola mañán.

O lugar de reunión é no Pindo ás 15:30, máis hai xente que se achegará ó largo da mañá a Portosín para ir xuntos dende alí.

A dirección da empresa é a seguinte: Atlantis Adventure Turismo Activo S.L., crta. C-550, 309, O Pindo (A Coruña).

Aquí vai un anticipo do que nos espera...

A voda de Noe e Fon

O día 6 de setembro Noe e Fon celebraron a súa voda. Dende aquí queremos felicitalos por dar ese paso e desexarlle todo o mellor. Un bico para ámbolos dous.


Tamén queremos felicitar de novo a Mónica e a Peter, que para a primavera do 2009 van a ser pais.

A verdade e que é unha ledicia que pouco a pouco os nosos amigos vaian afianzando a relación cas súas parellas e se decidan a formar unha familia.

Tamén destacar que facía uns cantos anos que non estabamos xuntos todos os do piso de Lugo e que foi unha boa ocasión para reunirnos de novo e botar unhas risas xuntos. Aqui temos unha foto de familia (solo falta o Buitrín que nese momento estaba dando o "si quero").