Como xa sabedes (amig@s por parte do noivo) o sábado día 13 de setembro temos unha cita en O Pindo para descender o último tramo do río Xallas. Na empresa que organiza o descenso comentaron que tíñamos que levar calzado vello (deportivos, botas,…) ou escarpíns con sola de goma.

No caso de que alguén dos que o confirmaron non puidera ir é importante que avise como moi tarde o venres pola mañán.
O lugar de reunión é no Pindo ás 15:30, máis hai xente que se achegará ó largo da mañá a Portosín para ir xuntos dende alí.
A dirección da empresa é a seguinte: Atlantis Adventure Turismo Activo S.L., crta. C-550, 309, O Pindo (A Coruña).
Aquí vai un anticipo do que nos espera...
1 comentario:
como lo vamos a pasar!!, si sólo son 4 horas de descenso...!
Publicar un comentario